Ola a tod@s!
Esta semana comeza con calor e que mellor forma de levalo que á sombra,tumbad@s baixo unha árbore pasando a tarde!!
Pero unha arbore tamén pode ser o escenario de moitas historias, de seguido preséntovos :
A VIAXE DAS BOLBORETAS
Cantas aventuras pasaron nesa árbore !!!! E que unha árbore pode dar para moito!!!
Sombra:
Non todas as árbores dan a mesma sombra nin do mesmo xeito; podes:
- comparar as formas das sombras, buscarlle parecidos con obxectos, animais....
- xogar a facer sombras co teu corpo ,poñer distintas posturas..
Medir:
Seguindo coas sombras podes descubrir canto espazo ocupan:
- medindo con persoas que colledes nesa sombra, con contando con pasos canto ocupa, con paus......
Podes seguir medindo pero esta vez :
- o tronco da árbore, o seu grosor, intentar rodealo con brazos, contar coa palma da man, cun cordón, ou cunha cinta métrica...
- medirte ti na árbore, comprobar ata onde chegas.....
Buscar distintos tipos de árbores:
Podes descargar esta aplicación gratuíta no móbil , quitar unha foto a unha árbore ou planta que non coñezas e terás o seu nome y características.
Con esta axuda poderías facer o teu caderno de campo e anotar o nome das árbores e plantas que tes no teu xardín, na túa casa ou pola contorna.
Este caderno tamén o podes completar cos insectos, paxaros ou distintos animais que poden vivir nas árbores.
- debúxaos ou intenta escribir o seu nome: lembra algúns dos que aparecían na curtametraxe.
Outra opción é facer eses insectos ou animais empregando elementos da natureza...
Ou podes relaxarte e desfrutar dese momento!!!!!!!
Para mover o esqueleto déixovos unha canción de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Imos a pola semana que xa queda menos!!!!!💪😉
Espero as vosas fotos!!!
Un bico a profe Ana.
Espero as vosas fotos!!!
Un bico a profe Ana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario