Ola a tod@s!:
Empeza nova semana e polo tanto NOVO CONTO.
A HORTA DE SIMÓN.
Espero que vos gustara este historia, un exemplo de traballo en equipo e da
importancia de compartir, pero ademais un conto que nos amosa a importancia
de coidar a terra para poder ter beneficios dela.
Seguro que moit@s de vos tedes horta na casa e axudades a plantar sementes
nela e a recoller os froitos cando é o tempo.
- Dado que estamos na primavera e é o tempo de sementar que vos parece se nos poñemos mans á obra.
Un xeito moi doado de ver o proceso de xerminación dunha planta é poñendo
algunha legume: lentellas, garavanzos ou fabas nun bote con
algodón empapado en auga ,
ou metelas no algodón con auga dentro dunha bolsa transparente e
algodón empapado en auga ,
ou metelas no algodón con auga dentro dunha bolsa transparente e
pegalo nunha ventá.
- Podedes marcar nun calendario o día que a puxestes e contar cantos días
tardou en en xerminar.
Un conto que explica moi ben este proceso é: Aínda Nada?Kalandraka
Preme neste enlace:https://www.youtube.com/watch?v=Jc5lSPTzRPA
Unha vez que vos medre a planta podedes transplantala , directamente na
horta ou nunha maceta(podería ser con material de refugallo: brick, lata, botella......)
- Lembrades todas as hortalizas que Simón e os seus amig@s plantaron no horto:
cenorias, leitugas, millo, berenxenas, amorodos....
Que vos parecería que cada un tivese o seu HORTO?
Pois unha idea sería facelo con plastilina.
Preme neste enlace para ver como podes facer plastilina caseira:
Podedes modelar todas as hortalizas que queirades e facer os letreiros co seu
nome.
E agora XOGAMOS?
Sería un xogo por parellas.: Un planta e outro recolle.
Preparades o horto (aquí usei café para poñer as hortalizas pero podedes empregar terra, area ou poñelas directamente nunha caixa ou en calquera recipente).
Teredes que ter as tarxetas co nome e o debuxo de cada unha das hortalizasque tendes plantadas. Podedes empregar un dado ou números escritos en papel.
Como xogar?
Un xogador/a prepara o horto e terá que poñer boca abaixo as tarxetas que se correspondan co que plantou.
O outro xogador terá que darlle a volta a unha tarxeta e tirar o dado( ou darlle a volta a unha das tarxetas do número que levantou) e recoller a cantidade da hortaliza que lle tocase.
Por exemplo: tarxeta leituga e tarxeta do número 2, pois colle 2 leitugas.
Outra opción é que un monte o horto e o outro teña que debuxar ou escribir todo o que hai nel.......
Ou as variantes que se vos ocurran : facer series, parellas......
- Como dixen a semana pasada sempre é bo algo de música , así que moi
relacionado co conto déixovos a canción da Horta de Balbina de María Fumaça.
Preme neste enlace:
- E para rematar unhas fichas interactivas para reforzar todo o visto:
Boa semana e xa me contaredes que tal vos foi, seguimos en contacto a través
do correo electrónico.😉
Un bico a profe Ana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario