lunes, 11 de mayo de 2020

Tempo de xuntanzas


Ola a tod@s!

Comezamos semana nova e a partires de hoxe xa podemos facer pequenas xuntanzas.👏👏

O conto que vos traio hoxe é dunha xuntanza entre amig@s  cun final inesperado, a desfrutalo! :

A CASA DA MOSCA CHOSCA




Cantos amig@s pasaron pola casa da Mosca Chosca?





E vós a quen invitariades a comer ou merendar á vosa casa?





 Teredes que preparar as invitacións!
Cantos seriades?

2,3,4,5,6,7,8,9,10?????

Podedes recortar folios, cartolinas, cartón , xornais ou calquera outro tipo de papel para facelas e decoralas.

Invitacións listas ! Agora toca preparar a mesa!!

Podedes facer manteis individuais ou un gran mantel con todo o preciso, conta ben os invitados que tes.

Para traballar o trazo podedes facer vos mesm@s os estampados.


Podedes practicar axudando a poñer a mesa na casa, contade ben cantos sodes e canto pratos necesitades, cantos garfos, culleres, panos....

E porque non lle buscamos outros usos aos utensilios da cociña:


Algunhas ideas poden ser facer series e así traballar conceptos matemáticos, ou compoñer mandalas e dar renda solta a vosa creatividade.

Se premedes neste enlace teredes distintas mandalas para colorear: 


A mosca chosca preparou unha torta , vós que preparariades para esa comida??

Que vos parece se me mandades a receita ou unha foto do menú. 



E para non perder as boas costumes déixovos algo de música:



Preme nos enlaces destas fichas interactivas:



Encántanme todos os traballiños e as fotos que me estades mandando,seguide así!!!

Espero as vosas mensaxes a través do correo.

Boa semana!!😉 

No hay comentarios:

Publicar un comentario