Ola a tod@s!
Comeza outra nova semana e volvemos a un tempo máis primaveral!!
Estamos nunha estación na que os días son máis longos, todo florece e vense pequenos insectos por todos os recunchos!!!
E por iso no conto desta semana as bolboretas teñen un papel protagonista.
OSO CAZAMARIPOSAS
Gustouvos???
É unha historia preciosa, e as súas protagonistas , as bolboretas, tamén o son.
Que vos parece se cada un/unha fai a súa bolboreta, ou un grupo delas!
IDEAS
Estas son algunhas ideas pero as podedes debuxar e colorear, con papel de revistas ou de xornais, ....ou de calquera outra forma que se vos ocorra.
Aquí tendes outra forma de crear bolboretas:
1º Dobramos un folio pola metade e botamos nunha das metades unhas gotas de témpera de cores.
2º Volvemos a dobrar o folio pola metade e extendemos esa pintura aplastando o folio.
Aquí tendes outra forma de crear bolboretas:
1º Dobramos un folio pola metade e botamos nunha das metades unhas gotas de témpera de cores.
2º Volvemos a dobrar o folio pola metade e extendemos esa pintura aplastando o folio.
3º abrimos o folio e TACHÁN!!!!
Sairon dous debuxos idénticos en cada parte do folio, é un debuxo simétrico.
lateralidade.
E agora imos xogar coas letras:
E por último un xogo moi doado de facer e moi entretido para toda a familia, o oso atrapaba cousas co se cazamariposas e vós podedes intentar atrapar unha pelota...... ÁNIMO E A ENCESTAR.
Boa semana a tod@s e espero as vosas cousiñas.
Un bico a profe Ana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario