Ola a tod@s !!
Comeza unha nova semana e nos imos achegando ao final do curso.
Está sendo un final atípico pero temos que quitarlle a parte positiva a todo isto e quedarnos cos momentos bos.
Seguro que nestes meses medrastes moito e cada día estades conseguindo novos retos, aínda que nun primeiro momento non vos saía como queriades , ou esteades dubidos@s ou insegur@s seguide intentando....NON HAI QUE RENDIRSE....
Déixovos esta curtametraxe onde se demostra que si se quere se pode...
Se estades aprendendo a montar en bici, a patinar, a nadar ....sexa o que sexa non desistades!!!!
E vistes que refrescante !!!, de seguro que xa vos destes máis dun baño na praia ou na piscina.
É tempo de xogar ao aire libre e que mellor que facelo con AUGA.
Estades cans@s de escribir, pintar ou debuxar con ceras ou rotuladores???, que vos parece se o facedes con auga !!
podedes empregar un pincel,unha xeringa, unha bolsa con auga e furada (tipo manga pasteleira)...ou o que se vos ocorra...
Admirade ben a vosa obra porque esto é arte efímero e non tardará moito en desaparecer..
Outra opción é colorear con xeos de cores:
Enchedes unhas cubiteras ou envases de iogur de auga con colorante ou un pouquiño de témpera, poñédeslle un pau para despois poder agarralo e a conxelador.....
Outra idea é facer trasvases:
Levar auga dun recipiente a outro empregando, xarras, vasos, xeringas, culleres, esponxas(empapándoas primeiro e escurréndoas despois)... a parte de pasalo xenial estaredes traballando a motricidade fina, o equilibrio, a coordinación óculo-manual....
Poderíades facer competicións a ver quen consigue encher máis auga.!!
Flota?
Comprobar que hai materiais que flotan e outros non.
Experimentar con distintos materiais que teñades pola casa e anotar cales deles flotan e cales se funden.
E que máis divertido que facer pompas
Preparade auga e xabón!!!
preme nestes enlaces e a facer pompas
E esta semana deixo adiviñas de sons de obxectos que tendes na casa:
Boa semana!!!
Un bico da profe Ana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario