Comeza unha nova semana e nos imos achegando ao final do curso.
Está sendo un final atípico pero temos que quitarlle a parte positiva a todo isto e quedarnos cos momentos bos.
Seguro que nestes meses medrastes moito e cada día estades conseguindo novos retos, aínda que nun primeiro momento non vos saía como queriades , ou esteades dubidos@s ou insegur@s seguide intentando....NON HAI QUE RENDIRSE....
Déixovos esta curtametraxe onde se demostra que si se quere se pode...
Se estades aprendendo a montar en bici, a patinar, a nadar ....sexa o que sexa non desistades!!!!
E vistes que refrescante !!!, de seguro que xa vos destes máis dun baño na praia ou na piscina.
É tempo de xogar ao aire libre e que mellor que facelo con AUGA.
Estades cans@s de escribir, pintar ou debuxar con ceras ou rotuladores???, que vos parece se o facedes con auga !!
podedes empregar un pincel,unha xeringa, unha bolsa con auga e furada (tipo manga pasteleira)...ou o que se vos ocorra...
Admirade ben a vosa obra porque esto é arte efímero e non tardará moito en desaparecer..
Outra opción é colorear con xeos de cores:
Enchedes unhas cubiteras ou envases de iogur de auga con colorante ou un pouquiño de témpera, poñédeslle un pau para despois poder agarralo e a conxelador.....
Outra idea é facer trasvases:
Levar auga dun recipiente a outro empregando, xarras, vasos, xeringas, culleres, esponxas(empapándoas primeiro e escurréndoas despois)... a parte de pasalo xenial estaredes traballando a motricidade fina, o equilibrio, a coordinación óculo-manual....
Poderíades facer competicións a ver quen consigue encher máis auga.!!
Flota?
Comprobar que hai materiais que flotan e outros non.
Experimentar con distintos materiais que teñades pola casa e anotar cales deles flotan e cales se funden.
Comeza outra nova semana e volvemos a un tempo máis primaveral!!
Estamos nunha estación na que os días son máis longos, todo florece e vense pequenos insectos por todos os recunchos!!!
E por iso no conto desta semana as bolboretas teñen un papel protagonista.
OSO CAZAMARIPOSAS
Gustouvos???
É unha historia preciosa, e as súas protagonistas , as bolboretas, tamén o son.
Que vos parece se cada un/unha fai a súa bolboreta, ou un grupo delas!
IDEAS
Estas son algunhas ideas pero as podedes debuxar e colorear, con papel de revistas ou de xornais, ....ou de calquera outra forma que se vos ocorra. Aquí tendes outra forma decrear bolboretas: 1º Dobramos un folio pola metade e botamos nunha das metades unhas gotas de témpera de cores. 2º Volvemos a dobrar o folio pola metade e extendemos esa pintura aplastando o folio.
3º abrimos o folio e TACHÁN!!!!
Temos a nosa bolboreta!! Sairon dous debuxos idénticos en cada parte do folio, é un debuxo simétrico.
A continuación déixovos uns enlaces para poder traballar a simetría e a lateralidade.
E agora imos xogar coas letras:
Podedes escoller a palabra que máis vos guste, ou o voso nome, o dalgún familiar , un compañeir@,..... E por último un xogo moi doado de facer e moi entretido para toda a familia, o oso atrapaba cousas co se cazamariposas e vós podedes intentar atrapar unha pelota...... ÁNIMO E A ENCESTAR.
Esta publicación é para deixarvos unha presentación dalgúns dos traballos e das fotos que recibín. Espero que vos guste e espero recibir máis para ir completando esta presentación con cousiñas de tod@s vós.
Preme no enlace e despois iniciar presentación e listo!!!!