lunes, 25 de mayo de 2020

Buscando sombra.

Ola a tod@s!

Esta semana comeza con calor e que mellor forma de levalo que á sombra,tumbad@s baixo unha árbore pasando a tarde!! 

Pero unha arbore tamén pode ser o escenario de moitas historias, de seguido preséntovos : 

A VIAXE DAS BOLBORETAS




Cantas aventuras pasaron nesa árbore !!!! E que unha árbore pode dar para moito!!!

Sombra:

Non todas as árbores dan a mesma sombra nin do mesmo xeito; podes:
  •  comparar as formas das sombras, buscarlle parecidos con obxectos, animais....

  • xogar a facer sombras co teu corpo ,poñer distintas posturas..

 


Medir:


Seguindo coas sombras podes descubrir canto espazo ocupan:

  •  medindo con persoas que colledes nesa sombra, con contando con pasos canto ocupa, con paus......

Podes seguir medindo pero esta vez :

  • o tronco da árbore, o seu grosor, intentar rodealo con brazos, contar coa palma da man, cun cordón, ou cunha cinta métrica...


  • medirte ti na árbore, comprobar ata onde chegas.....



Buscar distintos tipos de árbores:
Podes descargar esta aplicación gratuíta no móbil , quitar unha foto a unha árbore ou planta que non coñezas e  terás o seu nome y características.

Con esta axuda poderías facer o teu caderno de campo e anotar o nome das árbores e plantas que tes no teu xardín, na túa casa ou pola contorna.




Este caderno tamén o podes completar cos insectos, paxaros ou distintos animais que poden vivir nas árbores.
  • debúxaos ou intenta escribir o seu nome: lembra algúns dos que aparecían na curtametraxe.
Outra opción é facer eses insectos ou animais empregando elementos da natureza...



Ou podes relaxarte e desfrutar dese momento!!!!!!!


Para mover o esqueleto déixovos unha canción de Uxía Lambona e a Banda Molona.





Imos a pola semana que xa queda menos!!!!!💪😉

Espero as vosas fotos!!!

Un bico a profe Ana.

lunes, 18 de mayo de 2020

De superheroes e superheroínas




Ola a tod@s!:

É tempo de heroes e heroínas, de feito tendes que estar moi atentos e atentas por si vos atopades con algún .

No seguinte conto preséntanvos a unha delas:





Conocedes a máis superheroínas coma a do conto??

Pensádeo ben porque seguro que coñecedes a máis de un ou unha.😉


E se ti foses un superheroe ou superheroína cal sería o teu nome, que superpoderes terías?

Poderías facer o teu carné de superheroe/superheroína:








Aquí che deixo un enlace donde podes descubrir como ter máis poderes:




E se non queres que che recoñezan cando actúes como un superheroe ou superheroína que che parece se fas unha máscara  para pasar desapercibid@.






Se xa tes todo preparado para usar os teus poderes pensa como os usarías para axudar aos demáis.






Como dixen antes o mundo está cheo de HEROES e HEROÍNAS !!!




Boa semana a tod@s e espero as vosas mensaxes con moitas ganas!

A profe Ana.




domingo, 17 de mayo de 2020

Dende a casa.


Ola a tod@s!!



Esta publicación é para deixarvos unha presentación dalgúns dos traballos e das fotos que recibín.
Espero que vos guste e espero recibir máis para ir completando esta presentación con cousiñas de tod@s vós.


Preme no enlace e despois iniciar presentación e listo!!!!
                 

lunes, 11 de mayo de 2020

Tempo de xuntanzas


Ola a tod@s!

Comezamos semana nova e a partires de hoxe xa podemos facer pequenas xuntanzas.👏👏

O conto que vos traio hoxe é dunha xuntanza entre amig@s  cun final inesperado, a desfrutalo! :

A CASA DA MOSCA CHOSCA




Cantos amig@s pasaron pola casa da Mosca Chosca?





E vós a quen invitariades a comer ou merendar á vosa casa?





 Teredes que preparar as invitacións!
Cantos seriades?

2,3,4,5,6,7,8,9,10?????

Podedes recortar folios, cartolinas, cartón , xornais ou calquera outro tipo de papel para facelas e decoralas.

Invitacións listas ! Agora toca preparar a mesa!!

Podedes facer manteis individuais ou un gran mantel con todo o preciso, conta ben os invitados que tes.

Para traballar o trazo podedes facer vos mesm@s os estampados.


Podedes practicar axudando a poñer a mesa na casa, contade ben cantos sodes e canto pratos necesitades, cantos garfos, culleres, panos....

E porque non lle buscamos outros usos aos utensilios da cociña:


Algunhas ideas poden ser facer series e así traballar conceptos matemáticos, ou compoñer mandalas e dar renda solta a vosa creatividade.

Se premedes neste enlace teredes distintas mandalas para colorear: 


A mosca chosca preparou unha torta , vós que preparariades para esa comida??

Que vos parece se me mandades a receita ou unha foto do menú. 



E para non perder as boas costumes déixovos algo de música:



Preme nos enlaces destas fichas interactivas:



Encántanme todos os traballiños e as fotos que me estades mandando,seguide así!!!

Espero as vosas mensaxes a través do correo.

Boa semana!!😉 

lunes, 4 de mayo de 2020

Sementar, sementarei.....

Ola a tod@s!:

Empeza nova semana e polo tanto NOVO CONTO.

A HORTA DE SIMÓN.





Espero que vos gustara este historia, un exemplo de traballo en equipo e da

 importancia de compartir, pero ademais un conto que nos amosa a importancia 

de coidar a terra para poder ter beneficios dela.

Seguro que moit@s de vos tedes horta na casa e axudades a plantar sementes 

nela e a recoller os froitos cando é o tempo.


  • Dado que estamos na primavera e é o tempo de sementar que vos parece se nos poñemos mans á obra.













Un xeito moi doado de ver o proceso de xerminación dunha planta é poñendo 

algunha legume: lentellas, garavanzos ou fabas nun bote con 

algodón empapado en auga

ou metelas no algodón con auga dentro dunha bolsa transparente e 

pegalo nunha ventá.

Xa veredes que rápido medran!!!




  • Podedes marcar nun calendario o día que a puxestes e contar cantos días 

tardou en en xerminar.



Un conto que explica moi ben este proceso é: Aínda Nada?Kalandraka



Unha vez que vos medre a planta podedes transplantala , directamente na 

horta ou nunha maceta(podería ser con material de refugallo: brick, lata, botella......)



  •  Lembrades todas as hortalizas que Simón e os seus amig@s plantaron no horto:

cenorias, leitugas, millo, berenxenas, amorodos....

 Que vos parecería que cada un tivese o seu  HORTO?

 Pois unha idea sería facelo con plastilina.

Preme neste enlace para ver como podes facer plastilina caseira:



Podedes modelar todas as hortalizas que queirades e facer os letreiros co seu 

nome. 

E agora XOGAMOS?



Sería un xogo por parellas.: Un planta e outro recolle.

Preparades o horto (aquí usei café para poñer as hortalizas pero podedes empregar terra, area ou poñelas directamente nunha caixa ou en calquera recipente).

Teredes que ter as tarxetas co nome e o debuxo de cada unha das hortalizasque tendes plantadas. Podedes empregar un dado ou números escritos en papel.

Como xogar?

Un xogador/a prepara o horto e terá que poñer boca abaixo as tarxetas que se correspondan co que plantou.

O outro xogador terá  que darlle a volta a unha tarxeta e tirar o dado( ou darlle a volta a unha das tarxetas do número que levantou) e recoller a cantidade da hortaliza que lle tocase.

Por exemplo: tarxeta leituga e tarxeta do número 2, pois colle 2 leitugas.

Outra opción é que un monte o horto e o outro teña que debuxar ou escribir todo o que hai nel.......

Ou as variantes que se vos ocurran : facer series, parellas......



  • Como dixen a semana pasada sempre é bo algo de música , así que moi 

relacionado co conto déixovos a canción da Horta de Balbina de María Fumaça.

Preme neste enlace:


  • E para rematar unhas fichas interactivas para reforzar todo o visto:





Boa semana e xa me contaredes que tal vos foi, seguimos en contacto a través 

do correo electrónico.😉

Un bico a profe Ana.