lunes, 15 de junio de 2020

Fin de curso

Ola a tod@s !!!

Esta é a última semana do curso e para acabalo dun xeito divertido que vos parece se premedes neste enlace


e nos mandades un video cun anaquiño do baile a:

sanroqueinfa@gmail.com.


Un bico da profe Ana 

lunes, 8 de junio de 2020

Á auga patos!!

Ola a tod@s !!

Comeza unha nova semana e nos imos achegando ao final do curso.
 Está sendo un final atípico pero temos que quitarlle a parte positiva a todo isto e quedarnos cos momentos bos.

Seguro que nestes meses medrastes moito e cada día estades conseguindo novos retos, aínda que nun primeiro momento non vos saía como queriades , ou esteades dubidos@s ou insegur@s seguide intentando....NON HAI QUE RENDIRSE....

Déixovos esta curtametraxe onde se demostra que si se quere se pode...





Se estades aprendendo a montar en bici, a patinar, a nadar ....sexa o que sexa non desistades!!!!

E vistes que refrescante !!!, de seguro que xa vos destes máis dun baño na praia ou na piscina. 

É tempo de xogar ao aire libre e que mellor que facelo con AUGA.

Estades cans@s de escribir, pintar ou debuxar con ceras ou rotuladores???, que vos parece se o facedes con auga !!



podedes empregar un pincel,unha xeringa, unha bolsa con auga e furada (tipo manga pasteleira)...ou o que se vos ocorra...

Admirade ben a vosa obra porque esto é arte efímero e non tardará moito en desaparecer..

Outra opción é colorear con xeos de cores:


Enchedes unhas cubiteras ou envases de iogur de auga con colorante ou un pouquiño de témpera, poñédeslle un pau para despois poder agarralo e a conxelador.....

Outra idea é facer trasvases:



Levar auga dun recipiente a outro empregando, xarras, vasos, xeringas, culleres, esponxas(empapándoas primeiro e escurréndoas despois)... a parte de pasalo xenial estaredes traballando a motricidade fina, o equilibrio, a coordinación óculo-manual....

Poderíades facer competicións a ver quen consigue encher máis auga.!!


Flota?

Comprobar que hai materiais que flotan e outros non.


Experimentar con distintos materiais que teñades pola casa e anotar cales deles flotan e cales se funden.


E que máis divertido que facer pompas




Preparade auga e xabón!!!

preme nestes enlaces e a facer pompas




E esta semana deixo adiviñas de sons de obxectos que tendes na casa:





Boa semana!!!

Un bico da profe Ana.




lunes, 1 de junio de 2020

El oso cazamariposas.

Ola a tod@s!

Comeza outra nova semana e volvemos a un tempo máis primaveral!!

Estamos nunha estación na que os días son máis longos, todo florece e vense pequenos insectos por todos os recunchos!!!

E por iso  no conto desta semana as bolboretas teñen un papel protagonista.


  OSO CAZAMARIPOSAS



Gustouvos???
É unha historia preciosa, e as súas protagonistas , as bolboretas, tamén o son.

Que vos parece se cada un/unha fai a súa bolboreta, ou un grupo delas!

IDEAS






Estas son algunhas ideas pero as podedes debuxar e colorear, con papel de revistas ou de xornais, ....ou de calquera outra forma que se vos ocorra.



Aquí tendes outra forma de crear bolboretas:

1º Dobramos un folio pola metade e botamos nunha das metades unhas gotas de témpera de cores.
2º Volvemos a  dobrar o folio pola metade e extendemos esa pintura aplastando o folio.


3º abrimos o folio e TACHÁN!!!!



Temos a nosa bolboreta!!

Sairon dous debuxos idénticos en cada parte do folio, é un debuxo simétrico.


A continuación déixovos uns enlaces para poder traballar a simetría e  a 
lateralidade.






E agora imos xogar coas letras:




Podedes escoller a palabra que máis vos guste, ou o voso nome, o dalgún familiar , un compañeir@,.....



 E por último un xogo moi doado de facer e moi entretido para toda a familia, o oso atrapaba cousas co se cazamariposas e vós podedes intentar atrapar unha pelota...... ÁNIMO E A ENCESTAR. 




Boa semana a tod@s e espero as vosas cousiñas.

Un bico a profe Ana.