BENVIDOS E BENVIDAS A TODOS/AS!!!
Para estar un pouco máis preto nesta circunstancia que nos tocou vivir ,cada semana neste blog publicarei algún conto e actividades que podedes facer a partir del.
ESPERO QUE VOS GUSTEN!!
Pareceume axeitado comezar co conto:
¿DE QUÉ COLOR ES UN BESO?
Agora mesmo non podemos dar todos os bicos que quixeramos,aos avós/as, ás tías/os,curmáns, amigos/as.......polo que podemos pensar en formas para gardar eses bicos e darllos despois todos xuntos.
Pero primeiro : Ti de que cor pensas que son os bicos?
Verdes,azuis, amarelos, laranxas,rosas...........
- Debuxa de que cor son os teus bicos e busca cousas que sexan desa cor:
podes debuxar obxectos, recortar de revistas, ou buscar obxectos pola casa desa cor.
- Fai bicos de cores para regalar ás persoas que queres:
- Garda todos os bicos que queiras dar nun bote:
Pinta os labios e deixa a súa pegada nun papel e escribe para quen é cada bico.
Estas son algunhas ideas que podedes facer a partires do conto pero ...
DEIXADE VOAR A
VOSA IMAXINACIÓN E A CREAR!!!!
BICOS PARA TODOS/AS!!!!
* Se alguén quere compartir os seus traballos pode mandarme unha foto ao meu correo e despois eu farei unha montaxe con todas as fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario