Ola a tod@s!!
E para que o tempo que pasedes na casa pase máis rápido preparei unhas actividades sobre o conto :
A QUE SABE A LÚA?
Seguro que moit@as xa o coñeces.
Gustouvos?? Espero que sí.
Con este conto o que se quere transmitir é a importancia do traballo en equipo para conseguir o que vos propoñades entre outros valores.
E a partires do conto tamén podedes facer moitas actividades divertidas.
ALGUNHAS PROPOSTAS:
- Debuxar e escribir o nome de todos os animais.
- Contar as letras de cada nome e mirar cal ten máis letras e cal menos, que nome é máis longo e cal máis curto....
- Contar cantos animais fixeron a torre para chegar á lúa e escribir o número.( Podedes escribir todos ata chegar ao número final e así practicades os outros).
- Intentar construír torres con xoguetes , caixas, coches.....o que se vos ocurra!
Facédeo con coidado para que non se vos caian!!
- Aproveitando os días de sol podedes debuxar a sombra de algún animal de xoguete que teñades na casa ou de calquera outro obxecto.
- Facer animais usando os cartóns de papel hixiénico..
E mentras escoitabades o conto pensastedes a que vos sabería a Lúa???
A min, que son moi larpeira saberíame a galletas , e a vós???
Por si vos animades a cociñar deíxovos a receita das miñas galletas de Lúa:
NECESITADES:
1 OVO
400g de FARIÑA
250 g de MANTEQUILLA CORTADA
150 g de AZUCRE GLAS
1 pizca de SAL
COMO AS FACEDES?
- Prequentar o forno a 180ºC
- Poñer o ovo, a fariña,a mantequilla , o azucre e o sal nun bol e mestura coas mans ata lograr unha masa homoxénea.
- Corta a masa en 4 trozos e estira cada un deles entre dous papeis de forno coa axuda dun rodillo. Non estires a masa moi fina. Quita o papel de enriba e corta a masa cun cortador de galletas ou cun vaso.
- Coloca as galletas na bandexa do forno forrada co papel de fornear e méteas no forno durante 10-15 minutos , ata que comecen a dorarse polos bordes.
- Deixas enfriar e...............
E para rematar algo de música....é moi importante moverse e facer algo de exercicio todos os días e que mellor forma que bailando!!
Preme neste enlace:
BOA SEMANA!!
E xa sabedes calquera dúbida , suxerencia, compartir algunha foto das actividades que estades facendo ou calquera outra cousa escribídeme ao meu correo.
Un saúdo e bicos a profe Ana !